A CIG rexeita o ERE extintivo ós traballadores de Clesa

    cig_clesacopy.jpgPONTEVEDRA> A central sindical compareceu esta mañá para manifestar a súa postura ó respecto. Hai unha alternativa, din, e a Xunta debería aproveitala.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_POR_CLESA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá a CIG, unión comarcal de Pontevedra, manifestou o seu rexeitamento o ERE extintivo que se comezou a aplicar este mércores a case a totalidade da plantilla de Clesa. Hai unha alternativa que é a oferta de compra de Feiraco, explicaron, e que a Xunta e os administradores concursais deberían aproveitar xa que permitiría salvalos 140 postos de traballo.

    En relación a reunión que o Conselleiro de Industria anunciou que manterá cos administradores concursais e con Feiraco, para a que aínda non hai data, a CIG resaltou que o comité de empresa quere estar presente xa que alí se vai a decidir o futuro da planta.

    Ó tempo, a CIG confesou que sospeita que pode haber intereses ocultos xa que os pasos seguidos polos administradores concursais non foron de todo esclarecedores. Manuel Raña, membro do comité de empresa de Clesa, confesou que entrou nova maquinaria na empresa para producir un novo produto que antes non fabricaban.

    Manuel Raña confesou, ademais, que a plantilla que queda nestes momentos non vai ser suficiente para mantela produción. Mentres tanto, case a totalidade das cartas de despido xa foron entregadas ós cen traballadores extinguidos.

    Redacción Salnés