Louzán é o único candidato á presidencia do PP pontevedrés

     PONTEVEDRA> Como xa se sabía, Rafael Louzán é o único candidato oficial á presidencia do Partido Popular en Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_candidato_pp.flv{/flowplayer}

    Un feito que hoxe ven de confirmar o Comité Organizador deste Congreso Provincial. Un conclave ó que Louzán se presenta con dous milleiros máis de avais dos precisos inicialmente. Deste xeito, Louzán acude sen competencia a este décimo sexto congreso do PP pontevedrés liderando por quinta vez unha candidatura.

    O vindeiro luns comezará formalmente a campaña interna, aínda que xa todo está decidido a priori. O día 19 remata o prazo para a presentación de compromisarios que se agarda que sexan unhas 804 persoas, deles 150 compromisarios de caracter nato.

    O reparto destes compromisarios dependerá do número de afiliados de cada concello e do número de votos que colleitara esta forza nas últimas eleccións. O propio congreso terá lugar o día 23 que Novagalicia Banco ten na Cidade do Lérez. A él está previsto que asista o Presidente do PP de G e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o Consellerio de Medio Ambiente Agustín Hernandez. Non se sabe aínda se asistirá o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

    O que si se sabe é o lema do Congreso, volverá a ser“ Sigamos avanzando”. O que si servirá este congreso será para escoitar as bases en torno as solucións que propoñen para os problemas actuais da sociedade.

    Redacción Salnés