As obras do centro de saúde da Illa, a piques de rematar

A ILLA> A axenda do conselleiro de Sanidade no Salnés comezaba cunha visita ao centro de saúde da Illa. Sobre o terreo, Jesús Vázquez comprobou os resultados da ampliación e reforma do ambulatorio, que asegurou que se ten convertido nun dos mellores que existe na provincia.

O conselleiro de Sanidade visitou o resultado dos traballos de ampliación e reforma do centro de saúde da Illa de Arousa. As obras están practicamente rematadas, e contaron cun orzamento de case 485 mil euros.

O alcalde Carlos Iglesias aproveitou o momento para trasladar a Jesús Vázquez a situación que se viviu hai varias semanas no ambulatorio. A pouca amplitude do ascensor obrigou aos sanitarios a baixar en brazos a unha muller que se atopara indisposta na primeira planta.

Outra das frontes abertas que ten Sanidade na comarca do Salnés é a inestabilidade do servizo de pediatría que comparten A Illa e Ribadumia. Na actualidade a vacante está cuberta cun profesional, e Vázquez Almuíña asegurou que a atención está garantida.

O centro de saúde da Illa dá cobertura a máis de 4.600 tarxetas sanitarias. Delas, 465 son de menores de 15 anos.

Comments are closed.