Sanidade fará a ampliación do Hospital pero non adianta datas

    GONZALO_DURAN_SERGAScopy.jpgSALNÉS> Isto foi o que lle comunicaron ó Presidente da Mancomunidade na reunión que mantivo co Director de Recursos Económicos do Sergas.

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_DURAN_SANIDADE.flv{/flowplayer}

    A ampliación do Hospital do Salnés levarase a cabo pero aínda non hai data de cando poderían comezalas obras. Este foi o compromiso que esta mañá adquiriu o Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, na reunión que mantivo en Santiago co director de Recursos Económicos do Sergas.

    Desde Sanidade, explicou Durán, quixeron coñecer, entre outras cousas, en que momento se atopa a tramitación dos terreos, para cando disporían deles e se existe un estudo topográfico.

    De seguido, Durán preguntoulles cando poderían comezalas obras da ampliación xa que os terreos xa poderían estar dispoñibles no mes de xaneiro. Neste senso, desde a Consellería recoñeceron que acometarán a obra pero que antes precisan dos terreos para redactalo proxecto. Por iso, non adiantaron datas.

    Ante a falta de datas, Durán confesounos que descoñece se as obras poderán comezar o vindeiro ano. O que si deixou claro é que a Mancomunidade do Salnés vai seguir traballando para que a ampliación sexa unha realidade canto antes.

    Pola súa banda, esta mañá o Sergas remitiu unha nota de prensa na que informaban que Sanidade licitará no 2012 a ampliación do Hospital se dispoñen da parcela para facelo. Explicaron que é imprescindible dispoñer dos terreos para elaborar o plan de construción.

    Redacción Salnés