VILAGARCÍA> O día de Defuntos dispara a venda de flores. Ante a demanda, o concello de Vilagarcía crea o seu propio mercado das flores. As florerías aumentan as vendas por riba do 80%.
O vindeiro venres é o día 1 de novembro, día de defuntos. Por elo a venda de flores dispárase ao longo desta semana. Para facer fronte a esta demanda o concello de Vilagarcía instala, dende hai 8 anos, o seu propio mercado das flores.
As floreiras móstranse contentas por como comezou esta campaña. Teñen claro que o día forte será o 31.
As vendas nesta época poden dispararse ata máis do 80 por cento que nunha semana normal.
Os prezos oscilan entre os 5 e os 30 euros.
As preferencias son moi variadas.
A previsión das floreiras é vendelo todo ou case todo. Asegura que está é unha das campañas de vendas máis importantes e que a seguinte non chegará ata a primavera.











