O mal tempo reduce a afluencia de fieis na romaría de San Alberto

     RIBEIRA> O monte de San Alberto acolleu a tradicional romaría. O mal tempo condicionou a afluencia de visitantes.

    {flowplayer}barbanza/romariasanalberto.flv{/flowplayer}

    A pesar do mal tempo, houbo algúns atrevidos que non quixeron perder a súa cita coa romaría de San Alberto que se celebra cada oito de abril na capela levantada sobre o monte que leva o nome do santo.

    Ademais de escoitar misa e pasar un día de romaría, os asistentes aproveitan para cumprir co ritual do cambio de tella. Segundo a tradición, quen consiga meter tres anacos de tella no ventanuco da ermita contará co favor do santo para ter sorte no amor.

    Orixe mariñeira

    Malia que co paso dos anos o ritual da tella adquiriu un sentido amoroso, a orixe desta tradición non ten que ver co amor senón co mar. Os mariñeiros acudían á capela a tirar as tellas na dirección desexada para conseguir ventos favorables. Sexa cal sexa o seu significado, hoxe nenos e maiores desafiaron o frío e forte vento que zoou durante toda a xornada para cumprir coa tradición.

    Sen embargo, a afluencia de visitantes pouco tivo que ver con anos anteriores. Os donos dos postos instalados nos arredores da capela queixábanse das escasas vendas.

    Agora tan só queda encomendarse ó santo para que o próximo ano o tempo acompañe a estra romaría tan arraigadas entre os barbanzáns.

    Redacción Barbanza