O entroido enche de ambiente as rúas de Boiro

BOIRO> Boiro vivíu onte domingo tamén a celebración do entroido que foi aprazada do martes por mor do mal tempo. A xornada contou co tradicional concurso de disfraces e carrozas no que se repartiron importantes premios para os gañadores. Varios días despois da data prevista, a praza de Galicia de Boiro converteuse onte domingo nunha gran festa de entroido. Esta vez o tempo non impediu a súa celebración como acontecera na xornada do martes. Aínda que a presenza de xente disfrazada non era a agardada, foron numerosas as persoas que quixeron acudir vestidos coas súas mellores galas e participar no concurso no que había en xxogo importantes premios, dependendo da categoría, tanto para individuais, como parellas e grupos. Sen dúbida o espectáculo itinerante de animación de rúa Draco, a cargo da compañía Troula, foi unha das atraccións que levantou maior expectación entre o numeroso público que se congregou na praza do Concello. Tamén especial seguemento tivo a actuación do grupo Aperta Percusión de Vigo. A esta última seguironlle tamén actuacións de grupos locais como é o caso as aves del paraíso de Cabo de Cruz ou Os da Boina de Cespón,  entre outros. O entroido boirense despediuse ata o ano coa celebración tamén dos enterros, do Felipiño na parroquia de Escarabote, do Óso en Abanqueiro, e da Sardiña en Boiro.