A subdelegada do Goberno visita obras de rexeneración ambiental en Noia e Dodro

NOIA> A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, comprobou o resultado das obras levadas a cabo nas últimas semanas na zona de Abruñeiras, en Noia que posibilitou a construción dunha senda litoral de aproximadamente uns douscentos metros.

Acompañada polo xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e do alcalde, Santiago Freire, destacou o apoio orzamentario do Ministerio de Transición Ecolóxica que permitiu a recuperación dunha parte do bordo litoral do municipio.

O alcalde agradeceu o investimento realizado, que supera os 43 mil euros, destacando que a actuación permitirá darlle continuidade ó paseo marítimo xa existente.

Con anterioridade María Rivas visitou o concello de Dodro. Alí comprobou tamén a marcha das obras dunha senda peonil de algo máis dun quilómetro de lonxitude que se está a realizar no entorno das Brañas de Laíño e que supón un investimento de máis dos 70 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí