BOIRO> Aínda que era algo xa agardado, o cabeza de lista do PP de Boiro para as vindeiras eleccións municipais será Fernando García Diéguez.
Na súa presentación estivo arroupado polo presidente e o secretario provincias do partido, Diego Calvo e Evaristo Ben, respectivamente, pero tamén por numerosos alcaldes e representantes do Partido Popular na comarca.
Despois de agradecer a confianza depositada nel polo partido, esbozou, na súa intervención, os principais puntos do seu programa, marcándose coma principal obxectivo, mellorara a actual situación económica do Concello.
Pola súa banda, Diego Calvo destacou as cualidades do novo candidato, disposto a axudar e escoitar á veciñanza. Nun discurso moi crítico co actual goberno municipal presentou a García Diéguez coma o mellor opción posible para recuperar unha alcaldía que segundo el nunca deberon perder.
García Diéguez traballa xa na configuración da que será a súa lista e tamén do seu programa co reto de chegar de novo á alcaldía.