Fecilitacións para dous axentes da Policía Local por ‘un labor ben feito’

    polis_sanxenxocopy.jpgSANXENXO> Así se dirixiu Catalina González ós dous axentes que posibilitaron a detención de dúas persoas nunha operación recente.

    {flowplayer}images/salnes/FELICITACION_POLIS_LOCAIS.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, recibiu na casa consistorial a dous axentes da Policía Local para facerlles entrega da felicitación da Garda Civil pola súa intervención nunha recente operación que permitiu a detención dos dous presuntos autores de diversos roubos na zona. Felicitación á que sumou a rexedora local.

    Trátase dos axentes Marcial Juviño e Jorge Crespo. Os feitos remóntanse ó mes de novembro. Trala alerta recibida da Garda Civil, na que advertían dun vehículo que fora roubado, nese instante comezou a persecución que rematou de madrugada coa detención dos dous presuntos protagonistas dos feitos.

    Uns momentos case de película, pero nos que, tal é coma nos relataron estes axentes do corpo da Policía Local de Sanxenxo, é moi importante prestar atención a cada movemento. Por sorte, días coma este non os viven moi a miúdo.

    Pola súa banda, a alcaldesa ademais de entregarlles a felicitación remitida pola Garda Civil, fixo extensivo o seu agradecemento. E é necesario, explicounos, que os veciños de Sanxenxo o saiban e o poidan ver.

    Redacción Salnés