Un vial perimetral moderno para o polígono de Afieiras

    MORAÑA> Rematado o vial perimetral realizado no polígono de Afieiras en Moraña gracias a unha subvención da Xunta de Galicia. Hoxe o Director Xeral de Enerxía e Minas amosábase satisfeito polo resultado que asegurou axudará a atraer máis empresas.

     

    O Director xeral de enerxía e minas da Xunta de Galicia visitaba hoxe o polígono de Afieiras en Moraña para coñecer o resultado das obras alí realizadas para crear un vial no perímetro sen rematar deste espazo empresarial . A obra está subvencionada pola Xunta de Galicia.

    As maiores beneficiadas serán unha decena de empresas que se atopan xusto onde está o vial pero tamén fincas de particulares lindeiras ao polígono.

    Ángel Bernardo Tahoces manifestou a súa alegría ao ver un polígono cunhas infraestruturas competentes que atraeran a máis empresarios.

    O Director Xeral de enerxía e Minas aproveitou a ocasión para lembrarlle á alcaldesa a posibilidade de solicitar unha orde de axudas para a mellora e rehabilitación de polígonos industriais que este ano inclúe entre as actuacións subvencionadas a instalación de sistemas que eviten o roubo de cable e tamén a doutros para a loita contra incendios.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/parque_empresarial_morana.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/parque_empresarial_morana.mp4{/flowplayer}