![]()
SANXENXO> Esta é unha das novidades incluídas no anteproxecto de modificación puntual do Plan que este departamento vén de remitir á Xunta.
{flowplayer}images/salnes/SANXENXO_MODIFICACION_PXOM231211.flv{/flowplayer}
A posta en práctica do actual documento de ordenación urbanística de Sanxenxo puxo de manifesto a existencia dalgunhas inconcrecións normativas. É por iso que desde a Xerencia Municipal de Urbanismo decidiron realizar unha serie de modicacións no plan coa fin de evitar inseguridades xurídicas. O anteproxecto inclúe dúas novidades. Recoñécese a figura do complexo inmobiliario para permitir crear unidades residenciais privadas con elementos e servizos comúns como piscinas ou zonas verdes. A outra novidade trátase dunha ordenanza demandada polo sector hostaleiro: a que regula a figura do complexo turísco. Esta norma pretende mesturar varios servizos nunha mesma parcela, algo que xa se vén aplicando noutros lugares como as Illas Canarias.
As demais modificacións contempladas no documneto remitido á Xunta reformulan parámetros xa contemplados no actual PXOM. Sobre todo en relación ás ordenanzas 5, 8 e 12, dedicadas a chans urbanos e núcleos rurais. Modifícase por exemplo o tratamento da rasante de terreo ou o coeficiente de ocupación e edificabilidade, que vai ser sobre parcela bruta. Ós propietarios de construcións hoteleiras interesaralles que se prohíbe o uso vivideiro en sotos e semisotos.
Tamén se modificará o criterio de medición de altura para as edificacións e introdúcese un novo apartado para regular parcelas sobre as que recaen dúas ordenanzas contraditorias. Trataríase dunha especie de ordenanza mixta para garantir o dereito de todo propietario de solo urbano consolidado a edificar.
Redacción Salnés







