A veciñanza do Salnés mostra as súas dúbidas polas novas restricións sanitarias

VILAGARCÍA> Mergullados nunha nova desescalada, saímos á rúa para comprobar se a veciñanza do Salnés coñece as novas restricións. A apertura dos bares é a medida máis coñecida, o momento entre concellos, o xera máis dúbidas.

Despois dun mes de máximas restricións, a comunidade galega comeza unha nova desescalada. Cada área sanitaria terá unhas restricións segundo a súa incidencia. A zona de Pontevedra o Salnés atópase no nivel 2 de alerta.

A hostalería poderá abrir só nas terrazas a un 50%. O regreso do sector é a medida que máis coñece a veciñanza. Na maioría dos casos móstranse a favor do seu regreso.

O que xera máis dúbidas é o peche perimetral. Actualmente os veciños da área sanitaria pódense mover por todos municipios da zona sen ningunha excepción.

Máis división atópase á hora de valorar se as medidas chegan a tempo ou deberían retrasarse unhas semanas máis.

Outra das medidas que regulan estas novas restricións son as xuntanzas. Neste nivel 2 de alerta permítense as reunións de máximo 4 persoas non conviventes.