A Illa utiliza unha páxina de Facebook para limpar as praias

AILLA> A confraría da Illa de Arousa pon en marcha unha iniciativa para recoller o lixo das praias. Os visitantes que atopen aruxos nos areais poden comunicalo a través da páxina de facebook Basura Marina para que os mariñeiros, as mariscadoras ou os vixiantes vaian a retiralos. En dous meses recolléronse preto de 3 mil quilos de lixo.

Unha das grandes riquezas da Illa de Arousa é a súa costa. Con máis de 37 quilómetros, dos cales 11 son praias. Gran parte da economía da vila depende do mar, por iso dende a confraría sons conscientes da importancia de coidar o medio mariño. Para limpar de lixo os areais, o pósito creou a páxina de facebook Basura Marina. Con esta iniciativa os visitantes suben as fotos onde atopan lixo e os mariñeiros ou vixiantes van a retiralo.

Juan José Rial puxo en marcha este proxecto ao ver a un visitante retirar o lixo das praias e pedir polas redes que alguén o recollera. Os aruxos retirados trasládanse aos contedores do proxecto europeo Clean Atlantic para a súa posterior reciclaxe. En só dous meses recolléronse preto de 3 mil quilos de lixo.

A iniciativa non só beneficia aos traballadores do mar, senón a todo o ecosistema da Illa.

O proxecto dará o salto de Facebook a súa propia páxina web. O obxectivo é concienciar á xente da importancia de non tirar lixo ao mar. Ademais axudará aos recolledores a localizar con máis facilidade os aruxos que atopen os visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí