Un novo outlet en Sanxenxo ofrece descontos do 80%

     SANXENXO> Estará aberto ata o domingo na esquina do Paseo de Silgar coa Praza Aviador Piñeiro

    {flowplayer}images/salnes/OutletSanxenxo_310113.flv{/flowplayer} 

    Por segunda vez unha ducia de establementos da coñecida como 'Rúa da Moda' de Sanxenxo únense para formar un outlet no que poñer a venda o stock da temporada de inverno e incluso algún artigo de primavera-verán. Roupa, calzado e todo tipo de complementos con descontos que poden acadar o 80%.

    O outlet está situado na esquina do Paseo de Silgar coa Praza Aviador Piñeiro. Leva xa en funcionamento dez días e aínda que as ventas foron boas, agardan un repunte esta fin de semana. 

    Durante estes días o outlet estivo aberto tan só de tarde. Durante toda a fin de semana, ata o domingo, cando pecharase definitivamente, estará aberto de 11 a 14:30 e de 16:30 a 21 horas.

    Redacción Salnés