A POBRA> O concello da Pobra ten esta fin de semana dúas citas co atletismo. A primeira será mañá coa V edición Trofeo de Atletismo do Barbanza mentres que o domingo disputarase o Campionato Provincial en Pista ó Aire Libre para categorías inferiores.
O estadio municipal da Alta acollerá mañá ás cinco da tarde o V Trofeo de Atletismo Barbanza organizado pola concellería de deportes de Pobra e a asociación de Atletismo e deportes do Barbanza e control técnico por parte da Federación galega.
Esta non é a única cita co atletismo na Pobra esta fin de semana xa que o domingo disputarase o Campionato provincial de Atletismo en Pista ó Aire Libre para as categorías benxcamín, alevín e xuvenilAs competicións desenvolveranse en horario de mañá e tarde, entre as dez e as oito.