![]()
POIO> O grupo de goberno considera que a aplicación da medida no concello é un agravio comparativo, pois o número de habitantes requiriría manter o servizo.
{flowplayer}images/salnes/fin_gardas_noite_farmacias_poio.flv{/flowplayer}
Un acordo entre os Colexios Oficiais de Farmacéuticos de toda Galicia ca Consellería de Sanidade reducirá o número de Concellos que conten con farmacias de garda polas noites. Os farmacéuticos entenden que o servicio actual excede as necesidades da poboación, polo que o suprimirán en base a criterios como os de densidade de poboacional, a existencia na localidade dun Punto de Atención Continuada, a accesibilidade e a demanda de medicinas. Xustifican esta medida en base ós custes que supón para cada farmacia unha garda nocturna que supón uns 100 euros máis por noite que a diurna. Na outra banda, encontrámonos cos veciños e co propio Concello de Poio que acolleron de mal grao esta medida.
Desde Poio xustifican a súa negativa a esta medida posto que contan con máis de 16.000 habitantes, unha cifra que se incrementa en 200 cidadáns ó ano, e que se multiplicar ocasionalmente nas temporadas vacacionais. Denuncian que estar a ser víctimas dun agravio comparativo.
Colectivos como a Asociación Veciñal de Combarro xa emprenderon os actos de mobilización contra esta decisión. Amais, o BNG está a mobilizar a tódolos colectivos do Concello e levará esta cuestión a pleno na maior brevidade posible para media ante quen sexa, con tal de non quedarse con este servicio prioritario.
Redacción Salnés








