‘Camiño da Armenteira’: un percorrido pola Ruta da Pedra e da Auga

    libro_armenteiracopy.jpgMEIS> O Mosteiro da Armeitera acolleu esta fin de semana a presentación deste libro onde se recolle un compilación de imaxes.

    {flowplayer}images/salnes/LIBRO_ARMENTEIRA.flv{/flowplayer}

    O Mosteiro da Armenteira acolleu onte a presentación do libro ‘Camiños da Armenteira’. Trátase dunha compilación de fotografías do entorno natural da Ruta da Pedra e da Auga e da de Valboa a Simes.

    Cun Mosteiro ateigado de veciños, desenvolveuse a presentación do libro. Unha presentación á que ademais do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, tamén asistiron os alcalde de Ribadumia, Meis e Meaño. Trátase dunha obra que percorre, a través de imaxes, a Ruta da Pedra e da Auga que desde onte xa forma parte da historia destes concellos.

    Segundo o autor do prólogo, Cristóbal Ramírez, é un libro no que se recolle a recuperación de algo do pasado pero que describe o presente.

    O libro recolle tamén testemuñas de veciños dos tres municipios involucrados no proxecto. Por iso, Rafael Louzán, durante a súa presentación, fixo especial mención a estas persoas que colaboraron desinteresadamente.

    O acto rematou coa actuación da Coral de Meis e Óscar Ibáñez.

    Redacción Salnés