O malestar dos praceiros continúa a catro días da súa inauguración

    praza_vilagarciacopy.jpgVILAGARCIA> Os praceiros da parte contigua á entrada principal consideran que están en situación de desigualdade ó non ter porta de acceso de corredera.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTAS_PRAZA_VILAGARCIA_050112.flv{/flowplayer}

    No proxecto inicial a porta de acceso á esta parte da praza abastos era de corredera, ó igual que a da entrada principal, segundo nos explican os vendedores. Coma se pode comprobar, o resultado final é este, dúas portas laterais e non automáticas. Os praceiros aseguran que non lles deron unha explicación. Agora piden que se proxecte unha nova entrada xa que consideran que están en situación de desventaxa con respecto ó resto.

    E é que segundos nos explicaron estes praceiros, estas portas non só dificultan o acceso ós usuarios da praza senón tamén o seu traballo xa que lles resulta imposible realizalas labores de carga e descarga.

    Este luns tiveron unha xuntanza coa concelleira de mercados, Rocío Llovo, na que os informou de que para cambiala porta sería necesario facer un novo orzamento e que eles se fixeran cargo do gasto. Plantexamento co que os praceiros non están de acordo.

    A inauguración das novas instalacións da praza de abastos está prevista para o luns.

    Redacción Salnés