O NO.I.A. preséntase a estas municipais coa esperanza de formar goberno

NOIA> A formación celebrou onte pola noite no coliseo Noela o acto de presentación da candidatura que volverá a estar encabezada por Marisol Villar.

Cheo absoluto no coliseo Noela para acoller o acto de presentación da candidatura do NO.I.A.. Despois de dúas lexislaturas, a formación liderada por Marisol Villar, concorrerá a estes comicios con aspiracións novas, medrar e acadar máis dos dous edís que actualmente ten na corporación municipal.

Precisamente, en base o traballo feito durante estes anos nas áreas nas que o NOIA tivo competencias, a formación preséntase como a mellor opción para gobernar, cun único interese, dar resposta ás necesidades dos noieses.

A lista do NO.I.A. presenta unha ampla diversidade, con persoas pertencentes a distintos sectores. Como nomes fortes desa lista aparecen José Pérez que volverá a reptir coma número dous. José Luís Botana e Mónica González, que volve á primeira liña, irán de número tres e catro respectivamente. Nos postos cinco e seis Samuel Arufe e Óscar Gómez. Mentres que Lialiana Gómez, Pilar Blanco, María del Carmen Pérez e Antón Freire completan os dez primeiros postos da candidatura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí