Os veciños afectados traballan para recuperar a normalidade

    MEIS> E mentres as administracións buscan solucións para paliar a situación, os veciños máis afectados continúan traballando para intentar volver á normalidade. É o caso de Ana María Vicente, veciña de Meis e propietaria dunha das vivendas máis afectadas polo temporal. Hoxe nos explicaba que aínda non foi quen de pararse a valorar os danos que sufriu a súa propiedade.

     

    A propiedade de Ana María Vicente, na parroquia de San Martiño de Meis, foi unha das máis afectadas polo paso do temporal. Na madrugada do venres, a forza do vento a piques estivo de provocarlles danos persoais.

    Pasado o susto inicial, agora queda valorar os estragos. Unha listaxe que Ana María non sabe por onde comezar.

    Cinco días despois de que Kurt deixara a súa pegada na zona, ela aínda non é quen de facer reconto das perdas materiais provocados pola forza do vento e da chuvia.

    Agora confesa que viven pendentes das predicións meteorolóxicas. A precaria situación na que quedaron o galpón e a cadra fanlles temer a volta das chuvias antes de atopar unha solución.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/estragos_temporal_ana_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/estragos_temporal_ana.mp4{/flowplayer}