O concello da Pobra acometeu a mellora urxente da cuberta da Torre de Bermúdez

A POBRA> O concello da Pobra segue a traballar na conservación da Torre de Bermúdez que alberga o museo Valle-Inclán. Desta volta acometeuse a reparación da cuberta para evitar o risco de filtracións que presentaba o inmoble.

O concello da Pobra acometeu a conservación de urxencia da cuberta do museo Valle-Inclán. As obras centráronse no tellado da Torre de Bermúdez onde se procedeu á retirada da vexetación e substitución das tellas desprendidas ou en mal estado.

A intención do concello é dar continuidade a esta actuación cunha intervención na cuberta do edificio anexo. Ademais queda pendente a execución de diversas melloras enmarcadas nun convenio coa Consellería de Cultura.

Cómpre lembrar que a torre de Bermúdez está declarada como Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional e Ben de Interese Cultural