UUAA asegura que viticultores do Salnés teñen uva sen saída ó non collela as adegas

    CAMBADOS> A conselleira DO Medio Rural asegura que o sector está satisfeito con esta campaña pola boa calidade da uva que se está a recoller. A meirande parte da DO Rías Baixas podería rematar a vendima esta fin de semana. A vendima na DO Rías Baixas enfila xa a súa recta final. Condes de Albarei, de Cambados, conta con deixar de recibir uva o luns, e só lles quedaría por vendimar aquelas parcelas seleccionadas para elaboracións especiais. Este verán de San Miguel veulles de marabilla e xa meteron en adega o 80 por cento dunha produción que esperan rolde os 3 millóns de quilos. Esta satisfacción do sector constatouna a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, que visitou as labores de vendima nunha das parcelas da cooperativa Condes de Albarei. Quintana confía en que esta boa produción se traduza nun viño de calidade e confirmou o apoio da Xunta á súa comercialización, sobre todo á súa exportación. A vendima está a xerar moitos postos de traballo. Só en adega, Condes de Albarei contratou unhas 60 persoas. Desde o Concello de Cambados consideran fundamental que a colleita sexa boa. O sindicato Unións Agrarias denuncia que o acordo coas adegas non se está a cumprir e que gran parte dos viticultores do Salnés teñen inda uva sen saída. Segundo sinala o sindicato, as adegas están a por como escusa que xa esgotaron a capacidade financeira de compra. Unións Agrarias lembra que xa advertira que esta ía a ser a estratexia de presión dos adegueiros para forzar un abaratamento do que eles chaman uva excedentaria. O sindicato advirte que non vai permitir que esta chantaxe das adegas. Ademais reclama a convocatoria urxente da mesa do viño para poñer nacionalidade e normalidade neste sector de gran importancia para Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/QUINTANAVENDIMAOK.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/QUINTANA_VENDIMA.mp4{/flowplayer}