A DO Rías Baixas recibe a visita de dous blogueiros

    O SALNÉS> Nos seus labores de promoción, a Denominación de Orixe Rías Baixas busca chegar a diferentes prescriptores. Esta semana o Consello Regulador organizou a visita de dous bloggers, que durante dúas xornadas percorreron varias adegas das distintas subzonas da DO.

     

    Dous días para percorrer a Denominación de Orixe Rías Baixas pode parecer pouco, pero pode ser suficiente para achegar a dous bloggers gastronómicos á riqueza desta DO.

    O Consello Regulador preparoulles un programa intenso, para que coñeceran o máis representativo do territorio, a cultura, a gastronomía e os viños da DO, así como tamén as súas peculiaridades.

    Nas dúas xornadas de visita, pasaron polas subzonas de O Rosal, o Condado do Tea e O Salnés. No caso de José María Toro, autor do Blog Hedonista, non era a súa primeira visita a Galicia. Tampouco o seu primeiro contacto cos viños da zona.

    Gastronomía e viño concentran os contidos do seu blog, que xa cumpre trece anos. Pero, a pesares da súa vagaxe, nesta visita á Denominación de Orixe José María Toño recoñeceuse sorprendido pola ampla variedade de elaboracións que se realiza no marco da DO.

    Neste punto coincide co seu compañeiro de travesía. Manu Balanzino é editor e director do portal The Gourmet Journal, unha fiestra dende a que el e o seu equipo achegan aos lectores novas e reportaxes sobre viños, gastronomía, escapadas e life style.

    Ambos gozaron da súa visita á Denominación de Orixe Rías Baixas. Unha experiencia positiva que trasladarán aos seus milleiros de lectores que seguen as súas publicacións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/17/visita_blogueros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/17/visita_blogueros.mp4{/flowplayer}