Ultiman os detalles para a ampliación da estrada de Seráns

ampliacionestradaserans100.jpgPORTO DO SON> O alcalde de Porto do Son, acompañado dos técnicos da Deputación, supervisou o trazado da estrada de Seráns que vai ser ampliada.

{flowplayer}barbanza/ampliacionestradaserans.flv{/flowplayer}

Trala adxudicación da ampliación da estrada provincial 7103, que conecta a parroquia sonense de Xuño co núcleo ribeirense de Corrubedo, os técnicos da Deputación estudan a mellor maneira de reubicar peches e elementos patrimoniais para minimizar a afectación. O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, desprazouse tamén ata a zona para coñecer máis polo miúdo as propiedades afectadas.

A obra, na que a Deputación da Coruña investirá 1’4 millóns de euros, suporá unha importante mellora desta vía que soporta un importante volume de tráfico e que na actualidade presenta zonas conflitivas para a circulacións.

Dende o concello agardan que as obras poidan iniciarse ó longo do próximo mes para satisfacer por fin unha demanda que os veciños levan reclamado dende o ano 2006 cando se aprobou o proxecto.

Redacción Barbanza