O Concello organiza catro faladoiros e cinco proxeccións audivisuais polo Día do Orgullo LGTBIQ+

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou esta mañá toda a programación do Festival Flop Cinema. Con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ+ este ano haberá cinco proxeccións audiovisuais e catro faladoiros nos que a diversidade de xénero será o fío condutor.

O goberno municipal quere implicar a todos os veciños na celebración do Día do Orgullo LGTBI. E para conseguilo,a concelleira de igualdade presentou esta mañá un dos programas máis extensos dos últimos anos. Unha gran oferta cultural que busca dar visibilidade á diversidade sexual na cidade.

Dentro da programación destacan os 4 faladoiros que se levarán a cabo durante os xoves do mes de xuño e nos que se tratarán temas tan importantes como diversidade sexual en persoas con discapacidade intelectual.

O Festival Flop Cinema, que se celebrará entre os días 28 de maio e 1 de xuño, contará con 4 filmes e con 4 curtas.

As actividades iniciaranse mañá ás 20:30 horas cun encontro lector co autor Antón Lopo na Libraría Paz.