A bandeira azul non depende dos parques de cultivo

    fotoparquescopia.jpgCARRIL> Así o dixo esta mañá o vicepresidente de ADEAC, a asociación encargada de outorgar este distintivo.

    {flowplayer}images/salnes/ParquistasBandeiraAzulCompostela.flv{/flowplayer}

    Dixo o vicepresidente de Adeac que o primeiro requisito imprescindible para acadar a bandeira azul é que a calidade da auga sexa catalogada como excelente, algo que no caso da praia de Compostela parece imposible mentres non se poña solución os vertidos que está a recibir o mar.

    Aí reside o principal problema. Segundo Palacios nada ten que ver o marisqueo coa calidade da auga. Moitas son as praias nas que se extrae marisco e que acadan a calidade excelente, é o caso de Preguntoiro ou Campanario en Bamio.

    A cuestión das varas que separan os parques afectaría ó aspecto da seguridade, pola posibilidade de que supoñan un perigo para os bañistas. Con todo a solución preséntase sinxela.

    Os parquistas pola súa banda din poñerse a disposición do concello para o que sexa preciso, delimitar a zona ou mesmo substituír os paus se fora posible. Aseguran a convivencia de parque e turismo é perfectamente viable.

    Mañá José Palacios reunirase co alcalde de Vilagarcía para trasladarlle as súas conclusións. Pero segundo dixo acadar este ano a bandeira azul en Compostela é practicamente imposible. A Adeac centrarase en Preguntoiro e Campanario.

    Redacción Salnés