![]()
PONTEVEDRA> Un ancián, veciño de Vilagarcía, foi condenado hoxe a un ano de prisión e a pagar unha multa de 18 mil euros por lesionar a unha cuñada súa.
{flowplayer}images/salnes/xuizo_agresion_pontevedra.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Un ancián, veciño de Vilagarcía, foi condenado hoxe a un ano de prisión e a pagar unha multa de 18 mil euros por lesionar a unha cuñada súa.
O xuízo celebrouse esta mañá, a porta pechada, na Audiencia Provincial de Pontevedra. O acusado recoñeceu que discutiu coa agredida por sacarlle o bastón e nun dos golpes que lle propinou ocasionoulle unha lesión no ollo dereito, perdendo a visión.
Os feitos ocorreron en abril de 2009. Daquela o acusado tiña 76 anos e a agredida, a súa cuñada, tiña 87. Os dous vivían no mesmo domicilio e tras unha visita do médico á muller iniciouse unha discusión entre os dous anciáns.
Nun principio a Fiscalía pedía 9 anos de prisión e multa de máis de 47.000 euros por un delicto de lesións, pero rebaixou a pena ó considerar que nunca houbo intención por parte do agresor de causar esas lesións, polo que queda nun delicto por imprudencia.
Redacción Salnés








