O concello de Vilagarcía pon en coñecemento de Augas de Galicia a situación dos ríos da vila

    VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía remite a Augas de Galicia un informe sobre a situación dos regatos para previr as posibles inundacións coa chegada das chuvias. 

     

    O Concello de Vilagarcía quere previr os efectos de posibles inundacións a consecuencia dos incendios do pasado agosto e urxe a Augas de Galicia a limpeza dos ríos do municipio.

    O goberno local enviou un informe a Augas de Galicia sobre o estado de todos os regatos do municipio, empezando polo río de O Con, que se encontran cheos de maleza nos seus cauces.

    Ademais, dende o Concello tamén se están a realizar traballos de limpeza de desagües nas rúas que adoitan ser afectadas polas riadas. Toda esta información era facilitada este venres polo edil de Medio Ambiente, Lino Mouriño, que tamén consideraba insuficiente o protocolo de actuación que a Xunta de Galicia acaba de decretar para a illa de Cortegada en caso de incendios.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/09/peza_rio_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/09/peza_rio_villa.mp4{/flowplayer}