Os equipos do Salnés tentarán voltar á senda do triunfo

SALNÉS> A semana pasada, de entre os seis conxuntos de Terceira e Preferente, tan só foi quen de vencer o Portonovo. Interesante xornada na Preferente na que cada vez está máis aberta a loita polo ascenso.

{flowplayer}images/salnes/Preferente_270112.flv{/flowplayer}  

Históricamente trátase dun dos campos máis complicados da categoría, o Javier Guimeráns, feudo do Cruceiro, aínda que se cadra este ano non lle están a ir moi ben as cousas ós de Aldán. Sería fundamental para o Portonovo sumar outra victoria máis porque engancharíase de pleno ó grupo de cabeza. O problema, que non poderá contar co seu xogador de referencia, Óscar Guimeráns, que está sancionado.

Tamén xoga a domicilio o Ribadumia que visita o campo dun Tomiño que pouco a pouco vaise recuperando e saíndo dos postos baixos da táboa. Con este, comezan unha serie de partidos máis asequibles para un Ribadumia que debería sacar proveito desa circunstancia e retomar a senda do triunfo. Sen embargo, no seo do club, crese que estes encontros son precisamente os máis complicados de sacar adainte. 

Tanto Céltiga como Arosa xogarán na casa logo de quince días sen facelo. Os vilagarciáns caéronse do liderato tras dúas derrotas seguidas e os problemas coa falta de efectivos comezan a notarse. Esta semana é baixa Oliveira, que está sancionado. O rival, o Mondariz, suma catro triunfos seguidos e pasa por ser un dos conxuntos máis en forma da competición.

O Céltiga busca romper tamén coa xeira de tres encontros sen gañar e de dous partidos sen marcar. Os de Núñez non terán enfronte un rival sinxelo, xa que o Atios, aínda que baixa o seu nivel fora da casa, atópase nun gran momento de forma e aspira a meterse no grupo de cabeza.

DIFÍCIL PAPELETA PARA O SANXENXO

Na Terceira, nesta xornada tócalle xogar na casa ó Sanxenxo que vai recibir a un dos equipos máis en forma do campionato, o Alondras, que é terceiro na táboa. Piscis non poderá contar con Fiti e Nel, ambos sancionados, polo que perde dous xogadores importantes de banda. Sen embargo podería entrar no once inicial a nova fichaxe dos amarelos, o ex do Vilalonga Diego Blanco, que é bastante probable que desfrute de minutos. O maior perigo do rival, Santi Domínguez, pichichi destacado da categoría con 18 goles en 22 partidos.

Máis tranquilo viaxa o Vilalonga a Betanzos, pese á derrota da pasada fin de semana ante o Depor B. Gabi Leis recupera a Pablo, no eixo da zaga polo que poderá montar unha defensa de garantías ante un rival que tenta escapar dos postos de descenso.

Redacción Salnés