O Concurso de piropos esperta paixón mediática

    CAMBADOS> O Concurso de piropos organizado pola Asociación Comercial Cambados Zona Centro co gallo do día de San Valentín está a…

    {flowplayer}images/salnes/polemica_concurso_piropos_cambados.flv{/flowplayer}

    … espertar paixóns pero non as agardadas. Desde que a asociación local Unha Grande Chea criticase este evento por entender que era un indicativo máis do machismo e da misoxinia, a polémica correu como a pólvora ata converter este concurso nun dos máis famosos de Galicia para esta data dos namorados. Saímos a rúa para preguntarlles se pensan vostedes que dicir piropos é algo machista. Esto foi o que nos contaron.

    A totalidade dos enquisados deu por bos os piropos, sempre e cando se digan ca intención de agradar. Hoxe en día, tamén consideran que se pode dicir independentemente do sexo a quen se dirixa.

    Estes son algúns dos piropos que ben poderían formar parte deste concurso.

    O certo é que esta campaña está a ser un éxito no senso mediático posto que é a iniciativa da Asociación Cambadesa que maior repercusión está a ter nos medios de comunicación.

    Redacción Salnés