Vitoria pola mínima do Boiro na ida dos oitavos de final da Copa RFEF

BOIRO> Os boirenses vencían 0-1, con tanto de David Añón, ó equipo burgalés do Arandina. O partido de volta disputarase en Boiro o 22 de xaneiro. O CD Boiro cobrou vantaxe no partido de ida dos oitavos de final da Copa Federación disputado onte en terras burgalesas. O gol de David Añón ponlle moi costa arriba o pase na eliminatoria ó Arandina, que deberá remontar e ademais deberá render visita ó Boiro o vindeiro 22 de xaneiro. O equipo que adestra Juan Carlos Andrés mostrouse moi superior, ante un rival que ata o momento non coñecía a derrota no seu campo, e que se mantén líder do grupo 8 da Terceira División. A renda ademais dun gol para os boirenses antóllase se cabe escasa para os méritos realizados polos dous conxuntos no encontro de onte. E o Boiro puido sacar maior rédito aínda se os seus dianteiros estiveran afinados. O propio Añón tivo dúas ocasións moi claras. Unha delas un man a man co porteiro que o dianteiro boirense non soubo materializar. Así as cousas a eliminatoria decidirase no partido de volta en Vista Alegre na que o boirenses parten cunha lixeira vantaxe.