O goberno local de Sanxenxo aproba o seu soldo coa oposición en contra

    plenosanxenxosalarios_100_100707__still_002.jpgSANXENXO > O PP aprobou en solitario a súa proposta para cobrar 436.000 euros repartidos entre os nove membros do grupo.

    O punto sobre os salarios aprobouse únicamente cos votos do PP, xa que tódolos grupos da oposición se amosaron contrarios a consignación feita polo goberno. Entre os cualificativos que se escoitaron estaban o de ‘mostruoso’, ‘disparate’ ou ‘tomadura de pelo’.

    Segundo o nacionalista, o grupo de goberno ‘custaralle’ ás arcas municipais ‘arredor de medio millón de euros cada ano sumando o gasto en persoal de confianza’. José Luis Rodríguez, único edil de VIPS, engadía que ‘cada veciño pagará 26 euros polo seu goberno’ e aseguraba que esto supón entrar nunha dinámica perigosa’.

    Pola súa banda a voceira do PSOE, Dulcinea Aguín, aseguraba que Catalina González se convertía na alcaldesa mellor pagada ‘da provincia, de Galicia e incluso da Unión Europea’ ó que o PP contestou falando das retencións que se lle farán ó soldo bruto de Catalina, máis de 22.000 euros, e argumentando que se inclúen os gastos de representación, algo que provocou as risas da oposición.

    Segundo os populares, o aumento dos salarios xustifícase pola ‘dinámica propia de Sanxenxo’ que os obriga a adicarse 24 horas ó día ó Concello.

    Redacción Salnés