O IES Asorey de Cambados adapta o seu protocolo para evitar a “prexudicial” educación semi presencial

CAMBADOS> O IES Francisco Asorey de Cambados adáptase as medidas anticovid desdobrando os cursos para evitar a educación semi presencial. A medida obriga ao alumnado de bacharelato e formación profesional a cambiar a súa xornada para a tarde. Dende o centro lamentan que isto impida a moito alumnado realizar tarefas extraescolares.

As medidas sanitarias impostas pola consellería de sanidade o 31 de Agosto modificaron a distancia entre os alumnos, dun metro a un metro e medio. Esta normativa obrigou a moitos centros mudar o seus protocolos e supúxolles grandes problemas. E o caso do IES Francisco Asorey de Cambados, que para adaptarse as novas medidas tivo que desdobrar as aulas.

Para poder adaptarse a esta medida foi necesario que a consellería aumentase o claustro de profesores con 13 mestres máis. Desta forma o ensino da Eso realizaríase pola mañá e o de bacharelato e fp polas tardes. O centro buscaba evitar a educación semi presencial, ao consideralo un agravio para o alumnado.

Esta solución non puido aplicarse ao alumnado da formación profesional de electrónica. Dende o centro matizan que a xornada de tarde era menos mala que podían aplicar. Lamentan que isto afecte a educación extraescolar do alumnado.

O que non puideron adaptar dende o centro foron os horarios dos autobuses, o alumnado da tarde non terá a posibilidade do transporte escolar. A directiva lamenta todas estas medidas e piden paciencia á comunidade educativa para cursar este ano da mellor maneira posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí