As obras do Edificio de Usos Náuticos da Illa poderían comezar en 2014

    PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra convocará un concurso de ideas para a redacción do proxecto do edificio de usos náuticos da Illa de Arousa. Para definir os detalles dese concurso celebrouse esta mañá no Pazo Provincial unha reunión na que participou Rafael Louzán, o alcalde Manuel Vázquez e representantes do club de piragüismo Illa e da asociación Dorna. As obras do edificio de usos náuticos da Illa de Arousa poderían comezar xa no vindeiro ano. Esa é a intención do presidente da Deputación de Pontevedra e do alcalde, que hoxe se volveron a reunir xunto con representantes do Club de Piragüismo e da asociación Cultural e Deportiva Dorna e técnicos de ambas administracións. Nesta reunión definíronse os detalles do concurso de ideas que a Deputación convocará para a redacción do proxecto. O alcalde da Illa, Manuel Vázquez, destacou o esforzo que están a facer tanto a Deputación como os clubs para que o este proxecto vaia adiante. Tanto Concello como Deputación consignarán xa unha partida económica para este proxecto nos orzamentos de 2014. Deputación e Concello lembran que este centro leva moitos anos sendo demandado polos clubs náuticos de A Illa de Arousa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/ESCOLA_PIRAGUISMO_ILLA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/ESCOLA_PIRAGUISMO_ILLA.mp4{/flowplayer}