![]()
VILAGARCÍA> A unificación do Servizo Municipal coa Agrupación de voluntarios de Protección Civil é o seu obxectivo a curto prazo.
{flowplayer}images/salnes/ENTREVISTA_GUILLAN_BUSTO.flv{/flowplayer}
Francisco Javier Guillán Busto é desde onte o novo responsable do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía. Esta mañá estivemos con el para coñecer como afronta o novo cargo.
Foi onte cando o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, nomeou a Francisco Javier Guillán Busto responsable do Servizo Municipal de Emerxencias, en substitución de Mario Vázquez, que foi cesado a semana pasada. Deste xeito Busto pasa a ostentar un cargo que xa ocupou fai uns anos e que agora afronta coma unha nova etapa.
Agora, a intención de Francisco Guillán é integrar de novo ós voluntarios da Agrupación de Protección Civil no organigrama das emerxencias. Conseguirase así, dixo, un dobre obxectivo: melloralo servizo municipal de emerxencias e ofrecer ó cidadán unha atención perfeccionada.
Mentres tanto, a primeira medida, que xa se está adoptando, é trasladar o servizo ó edificio municipal de Agustín Romero, antiga escola taller. Segundo Francisco para a vindeira semana xa estarán instalados definitivamente.
Nestes momentos, o servizo de emerxencias está formado por dezaseis profesionais que será apoiado, puntualmente, polos 45 voluntarios de Protección Civil.
Redacción Salnés







