![]()
SALNÉS> Así llo fixeron saber os administradores concursais á CIG despois de coñecer que a Xunta non asinou o acordo de venta con El Consorcio.
{flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_ALFAGEME_100212.flv{/flowplayer}
Segundo nos informaron desde a CIG, esta mañá representantes do IGAPE e do grupo El Consorcio, interesado na compra das conserveiras de Vilaxoán e Ribadumia do grupo Alfageme, mantiveron unha xuntanza. Nun principio, subliñounos Rosa Abuín, o obxectivo era asinar o acordo de compra-venta das fábricas. Pois ben, segundo lle comunicaron á central sindical os administradores concursais, a Xunta deu marcha e o acordo finalmente non foi asinado.
Pola súa banda, a través dun comunicado, desde o goberno autonómico reiteraron o seu compromiso cos traballadores e sinalaron que a súa postura responde a que consideran necesario unha reposta das entidades financeiras para dar viabilidade á compra.
Sexa por un motivo ou outro, o que si é certo é que esta nova paraliza por completo o proceso de venta. Ante esta situación Abuín confesou non entender o acontecido e lamentou que os administradores concursais o luns comezarán a tramitar a execución do auto de liquidación ante a falta dunha solución definitiva ó conflito de Alfageme. Isto suporá que a liquidación se fará por lotes polo que se perderán os 150 postos de traballo.
Con todo, esta mañá antes de coñecela nova aínda eran optimista xa que, en previsión de que se fixese efectivo o acordo, só se precisaba que os bancos desen o visto bo, coma principais acredores dos antigos propietarios. Agora o proceso está paralizado.
Polo momento mañá está previsto que a CIG e a CXT comparecerán en rolda de prensa para facer unha valoración desta nova e darán a coñecer as medidas a levar a cabo.
Redacción Salnés








