‘Os bancos están en negociacións cos Lago para que retiren o recurso’

    alfageme_130212copy.jpgSALNÉS> Así o sinalou Rosa Abuín, da CIG, segundo lle comunicou a Xunta tralo encerro que protagonizaron nas instalacións do IGAPE.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME_130212.flv{/flowplayer}

    A CIG e os traballadores de Alfageme retomaron esta mañá as mobilizacións cun encerro dentro do Instituto Galego de Promoción Económica, en Santiago de Compostela, para reclamarlle ó goberno autonómico unha solución ó conflito da conserveira.

    Despois de que a Xunta anunciase o venres que agardará unha resposta das entidades financeiras para dar viabilidade á compra de Alfageme, as reaccións tanto de sindicatos coma de traballadores non se fixeron agardar. Esta mañá a CIG protagonizou un encerro nas instalacións do IGAPE pero xa o sábado, a central sindical e a CXT compareceron conxuntamente para valorar os feitos.

    Ese mesmo día, ambos sindicatos esixían tanto á Xunta coma ós bancos que continuasen as negociacións. Agora, segundo nos informaron desde a CIG, as entidades financeiras están en contacto coa familia Lago, antiga propietaria, para que retire o recurso que está a impedir que se executen os avais.

    Con todo, segundo os sindicatos, si existen fórmulas que dean solución ó conflito e que permitan facer efectivo o acordo de compra-venta das conserveiras sen que a sentenza sexa firme.

    Polo momento, as traballadoras celebrarán mañá unha nova asemblea establecer o novo calendario de mobilizacións.

    Redacción Salnés