Falece un estibador mentres traballaba no porto de Ribeira

    accidentelaboralportada100.jpgRIBEIRA> Un traballador faleceu no porto de Ribeira ó recibir un golpe na cabeza mentres se atopaba realizando tarefas de descarga a bordo dun buque.

    {flowplayer}barbanza/accidentelaboralportoribeira.flv{/flowplayer}

    O accidente produciuse ó redor da unha da tarde no peirao comercial de Ribeira. Ó parecer, a vítima atopábase realizando labores de descarga a bordo do buque Coppename cando esvaeceuse e caeu ó chan recibindo un forte impacto na cabeza. Segundo as primeiras hipóteses o home puido sufrir un infarto.

    Trala chamada de emerxencia, acudiron ata o lugar varios facultativos do centro de saúde de Ribeira, que se atopa moi preto do porto, así como unha ambulancia asistencial e un helicóptero.

    Os médicos trataron de reanimar á vítima durante máis de vinte minutos pero finalmente non puideron máis que certificar a súa morte. O falecido foi identificado como Jaime Lijó, veciño da Pobra de corenta e dous anos.

    Redacción Barbanza