Arranca en Ribeira o programa educativo ‘Capitán Mareas’ de Vegalsa-Eroski

RIBEIRA> A lonxa de Ribeira acolleu esta mañá o primeiro dos talleres do Programa Educativo Capitán Mareas. Trátase dunha iniciativa promovida por Vegalsa-Eroski para dar a coñecer a actividade do sector pesqueiro e fomentar o consumo de peixe entre os máis pequenos.

O Capitán Mareas recalou esta mañá na lonxa de Ribeira onde deu comezo o programa educativo Capitán Mareas promovido por Vegalsa-Eroski . Ata o mes de maio, impartiranse 24 talleres coma este en 13 lonxas de Galicia e Asturias co obxectivo de fomentar o consumo de produtos do mar entre as novas xeracións.

A Conselleira do Mar participou no acto de apertura do programa que conta coa colaboración dos Grupos de Acción Local Pesqueira.

Nesta primeira sesión foron os escolares do CEIP O Grupo os que tiveron ocasión de coñecer máis a fondo a actividade que se desenvolve na rula, aprendendo tamén a diferenciar as distintas especies de peixe e a importancia de incorporalo á súa dieta.