‘Reaccionei desproporcionadamente. No meu ánimo está solucionalo’

    virvi_denuncia_comparsascopy.jpgGROVE> Estas eran as palabras de Virvi Fraga, voceiro da comparsa As do 808 Línea Punk, trala presunta agresión ó edil de cultura.

    {flowplayer}images/salnes/CARLOS_OTERO_DENUNCIA_VIRVI.flv{/flowplayer}

    Esta mañá tivemos a oportunidade de falar con Virvi Fraga, voceiro da comparsa As do 808, despois de que onte se coñecese que o edil de Cultura do Grove presentou unha denuncia contra el pola presunta agresión do pasado sábado no Festival das Comparsas. 

    Os feitos desencadeáronse tras coñecelo resultado das votacións do xurado. A comparsa As do 808 Línea Punk quedara en penúltimo lugar. O seu voceiro Virvi Fraga, considerou que se trataba dun castigo tralas súas declaracións en contra do concello, semanas antes, por non contar con el para a organización do evento. Isto motivou a súa reacción. Agora, tres días despois, Virvi confesou que tivo unha reacción desproporcionada e que agarda solucionalo.

    Con todo, o edil de Cultura do Grove, Carlos Otero, confesou que polo momento non hai volta atrás. Explicou que este tipo de actos non se deben pasar por alto.

    Mentres tanto, na rúa hai opinións para tódolos gustos. Moitos coinciden en que non se deben permitir este tipo de agresións, outros consideran que ó acontecido se lle deu máis importancia da que tivo.

    Redacción Salnés