![]()
VILAGARCÍA> O bo tempo tamén acompañou neste día no que calquera escusa foi boa para esquecer por un anaco os problemas e saír á rúa a gozar da festa.
{flowplayer}images/salnes/EntroidoVilagarcia210212.flv{/flowplayer}
Os disfraces e a troula encheron hoxe as rúas das principais vilas do Salnés. O bo tempo acompañou ademais neste martes de entroido no que calquera escusa foi boa para esquecer por un anaco os problemas e saír á rúa a gozar da festa.
Finalmente foi "África Ngoro Ngoro" a comparsa que se levou a primeiro premio de grupo de adultos. Pero foron moitas as que encheron as rúas apra facer bailar e gozar a vilagarciáns e visitantes.
Música, baile e moita troula, un espectáculo para tódolos públicos no que os máis cativos foron sen dúbida os protagonistas de excepción.
“Frank de la Jungla” foi o grupo gañador entre os pequenos e en individual e parella as “Ardillas de cartón sobre rodas” foron as que se levaron o primeiro premio, seguidas de preto por “A nosa mariñeira” e “La Paca y su microbio”. Todos eles fixeron as delicias dos asistentes, nunha tarde dedicada a diversión.
A pesares de que o desfile rematou antes aínda de que se fixera de noite. Foron moitos os que quedaron pola rúa gozando da festa. Dun entroido ó que aínda lle quedan as súas últimas horas.
Redacción Salnés








