390 deportistas competirán no Campionato Europeo Junior de Vela en Vilagarcía

VILAGARCIA> Vilagarcía prepárase para a celebración do europeo junior de Vela nas modalidades de 420 e 470. O evento no que participarán 390 deportistas de 24 países disputarase do 23 ao 30 de xullo. 10 galegos entre eles o vilagarcián Jacobo García competirán no evento.

390 regatistas de 24 países daranse cita en Vilagarcía do 23 ao 30 de xullo para disputar o Campionato Europeo Junior de Vela nas modalidades de 420 e 470. Unha competición que aumenta a vinculación da vila cos deportes náuticos.

A competición levará a Vilagarcía a máis de 2 mil persoas. Feito que repercutirá economicamente na vila.

Nos dous primeiros días mediranse a todos as embarcacións e equipos para asegurar que todos os competidores cumpran cas normas. A partir do día 25 comezarán as regatas.

A competición na modalidade de 470 será igual á de 420 coa particularidade que o último día se incluirá unha final denominada medal race. Tanto o acto de inauguración como o de clausura terán lugar na praza de Galicia co obxectivo de achegar a vela a tódolos veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí