Boiro contará cunha gardería antes de dous anos

    novagarderiaboiro.jpgBOIRO> A nova escola infantil, cuxa ubicación está aínda pendente de determinar, contará con tres unidades e 41 prazas para nenos de cero a tres anos.

    {flowplayer}barbanza/novagarderiaboiro.flv{/flowplayer}

    Despois de manter un encontro no seu despacho co alcalde, Xoán Xosé Dieste, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou a construción dunha nova gardería na localidade, que posibilitará o incremento das prazas de rede A Galiña Azul nun 40% en Boiro.

    Novas demandas

    Durante a xuntanza o alcalde tamén lle trasladou a necesidade de acometer unha serie de melloras na actual escola infantil, entre as que se atopa a corrección das deficiencias do sistema de climatización ou a axilización dos trámites necesarios para poder poñer en funcionamento a escola de hostalería e o viveiro empresas.

    Residencia e Obradoiro Emprego

    Outras das demandas plantexadas polo rexedor boirés á conselleira foi a solicitude dun obradoiro de emprego e a construción dunha residencia de carácter comarcal, que segundo a propia titular de Benestar non estaría contemplada para o presente ano.

    Redacción Barbanza