A Xunta inviste preto dun millón no medioambiente da provincia

     PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia investirá case un millón de euros na recuperación e conservación medioambiental de paraxes naturais…

    {flowplayer}images/salnes/axudas_rede_natura.flv{/flowplayer}

    … incluídos na Rede Natura ou no entorno natural das Illas Atlánticas. A primeira destas axudas, de 637.000, irá destinada á protección dos parques naturais galegos,e a elas xa se acolleron uns trinta e tres Concellos de Pontevedra. Pontevedra, A Illa de Arousa, Cambados ou Ribadumia son os Concellos da contorna que xa solicitaron estas axudas.

    Está senda fluvial do Río Umia conta arestora con quince quilómetros de lonxitude, desde a Armenteira ata Barrantes; aínda que en breve podería proxectarse a súa ampliación río arriba ata a estrada Vilagarcía-Pontevedra, no Concello de Meis.

    Nesta ampliación, Augas de Galicia e a Deputación prestarán especial atención para compaxinar a creación desta senda natural ca concentración parcelaria que se está a levar a cabo en Baión, no termo municipal de Vilanova. A idea é chegar a completar esta ruta pola marxe fluvial ata o seu nacemento en Caldas.

    A outra liña de axudas ascenden a 237.000 euros e están destinadas a aqueles Concellos que contan con terreos nas Illas Atlánticas, como son o de Vilagarcía e Ribeira. Estas subvencións poderán cubrir o 100% das actuacións ou o 80 %, segundo sexa a natureza das mesmas. O prazo para acollerse a elas remata o vindeiro 28 de xuño.

    Redacción Salnés