Unhas corenta familias necesitadas de Ribeira recibirán alimentos

    convenioamigosdegalicia.jpgRIBEIRA> Concello e Fundación Amigos de Galicia subscribiron esta mañá un convenio de colaboración que permitirá loitar contra a pobreza e a exclusión social.

    {flowplayer}barbanza/convenioamigosdegalicia.flv{/flowplayer}

    O alcalde, Manuel Ruiz, e o presidente de honra da Fundación Amigos de Galicia, o empresario ribeirés, Ramiro Carregal, foron os encargados de asinar esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas entidades que posibilitará levar a cabo no municipio un Plan da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. En virtude deste acordo, unhas 40 familias con dificultades económicas veranse beneficiadas coa recepción de alimentos e outros produtos de primeira necesidade que serán subministrados pola Fundación, en colaboración cos Servizos Sociais do concello. 

    Maior colaboración

    O concello ribeirés aportará unha cantidade inicial de cinco mil euros para esta anualidade, se ben a intención do executivo pasará por aumentar esta cantidade no futuro.

    Pola súa banda o presidente de honra da Fundación Amigos de Galicia, Ramiro Carregal, que recibiu recentemente desta entidade o Grelo de Ouro, sinalou que continuará colaborando coa Fundación para o desenvolvemento de distintas accións de loita contra a pobreza.

    Máis de 20 mil familias

    Ademais das colaboracións das empresas, a Fundación, que axuda na actualidade a máis de 20 mil familias necesitadas en Galicia, recibe tamén apoios da Unión Europea a través dos fondos europeos de loita contra a pobreza, Goberno Estatal, Xunta de Galicia, Deputacións e concellos.

    Redacción Barbanza