CCOO informa ós traballadores do Barbanza sobre a convocatoria de folga

RIBEIRA> Nesta folga feminista, a convocatoria de CCOO vai dirixida non só ás mulleres senón tamén ós seus compañeiros ós que animan a secundar o paro. Un paro de dúas horas por quenda cos que se tratará de promover unha igualdade de xénero real nas condicións laborais. Na conserva, un dos sectores con máis peso no Barbanza, un setenta por cento dos traballadores son mulleres. Aínda así, as condicións de traballo seguen a caracterizarse pola precariedade a pesar, denuncian dende CCOO, dos incrementos de facturación e produción anunciados por ANFACO. Esta xuntanza enmárcase na rolda de actos previos á folga promovidos polo sindicato en toda Galicia.