Noia volverá a organizar este verán unha nova edición do Campus do Emprendemento e do Saber

NOIA|Noia acollerá un verán máis o Campus do Emprendemento e do Saber.

A iniciativa, organizada pola Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia, Fundehsga, coa colaboración do Concello, a Xunta de Galicia e as universidades de Santiago e Vigo, entre outras entidades, desenvolverase durante os meses de xulllo, agosto e parte de setembro.

Nesta edición abordaranse temas de máxima actualidade, coa presenza de poñentes de elevado prestixio, que afondarán sobre ciberseguridade, literatura  e medios de comunicación en galego. deporte e saúde, enbellecemento activo, marisqueo ou a consideración de Noia coma Portus Apostoli.

A primeira das citas será xa o xoves 11 de xullo cunha xornada sobre intelixencia artificial.

As inscricións para participar nos diferentes cursos, totalmente de balde, xa están abertas, podéndose realizar a través do correo electrónico educacionnoia@gmail.com.