Pospóñense as eleccións do CECB ó non presentarse candidaturas

    sencandidaturaseleccionscecb100.jpgRIBEIRA> Rematado o prazo para a presentación de candidaturas ás eleccións do CECB, ningún asociado decidiu concorrer ós comicios.

    {flowplayer}barbanza/sencandidaturaseleccionscecb.flv{/flowplayer}

    Este domingo deberían celebrarse eleccións para elixir a nova directiva do Centro Empresarial da Construción do Barbanza. Sen embargo, a ausencia de candidaturas obrigará a pospoñer os comicios.

    A asemblea decidirá se continúa a actual directiva ou se nomea unha comisión xestora para dirixir a patronal durante dous meses. Transcorrido este tempo, deberán convocarse novamente eleccións.

    Formación e apertura de mercados

    O actual presidente amósase disposto a alongar o seu mandato por dous meses. Nese tempo, o obxectivo é conseguir a posta en marcha do centro de formación para que a futura directiva poida centrase en novos retos como a apertura de novos mercados.

    Dende a patronal apelan á implicación dos asociados para que frutifiquen novas candidaturas dispostas a tomar o relevo con novas ideas.

    Redacción Barbanza