Rianxo mellora a imaxe do acceso ó municipio coa remodelación da rotonda de Té

RIANXO> Iniciadas as obras para acondicionar a rotonda de Te en Rianxo. O concello busca con esta actuación non só embelecer o principal acceso ó municipio senón tamén reducir os custos de mantemento que implicaba ata o de agora.

Tras varios intentos infrutuosos de que outras administración responsables asumiran o acondicionamento da rotonda de Té, o concello de Rianxo decidiu executar a actuación unha vez tramitados os permisos ante a Xunta e a Deputación da Coruña. O obxectivo desta actuación é embelecer e dignificar o principal punto de entrada o municipio e minimizar os custos de mantemento que implicaba ata o de agora.

O novo deseño contempla diferentes tipos de grava así como algún elemento vexetal e outro ornamental.

A actuación suporá un investimento próximo ós 40 mil euros con fondos propios. O alcalde agarda que se complete cunha mellor sinalización do parque empresarial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí